Predestinado é un Albariño Denominación de Orixe Rías Baixas.

Este viño embotellouse no momento óptimo esperando que sexa un dos viños máis apreciados das Rías Baixas. Para completar a súa maduración, a anada de 2020 repousa 30 días na adega antes de saír ó mercado.
Unha vez adquirida unha botella de viño Albariño Predestinado, para a súa correcta conservación, recomendamos manter as botellas en posición horizontal, mantendo a cortiza completamente húmida e nun lugar fresco.

Coa certeza de que Predestinado é un viño Albariño que gañará co paso do tempo e para garantir o seu perfecto estado en 4, 5 ou mesmo 10 anos, coidouse ó máximo a calidade da súa cortiza, que é máis longa do habitual ademais de ter superado todos os controis de calidade da cortiza, incluído o TCA.
Predestinado é un viño Albariño perfecto para celebracións; recomendamos abrilo, deixalo respirar mentres se pon a mesa e gozalo en «boa» temperatura e compañía. Un viño que chama a manterse en boca, saboreándoo… xa que as notas ácidas típicas nos albariños non son a súa principal característica. Un viño para falar, quizais do destino, e beber pouco a pouco.
Datos técnicos
- Variedade: 100% albariño
- Denominación de orixe: Rías Baixas
- Zona de producción: Lugar do Paraíso - Paradela - Portas
- Botellas feitas: Edición limitada de 1200 botellas
- Capacidade da botella: 75 cl.
- Data de embotellado: Finais de agosto 2021
- Acidez total: 6,70
- Grao alcohólico: 12,50
- Tempo de consumo: Excepcional nun ano, con mellora hasta 2025
- Temperatura recomendada de consumo: 17º, recomendamos arrefrialo 4 o 5 horas antes de tomalo