Albariño Rías Baixas
Este viño está dedicado á miña familia,
ás xeracións pasadas, presentes e futuras,
e a todas as persoas que, malia as adversidades,
loitan por conseguir os seus soños.
O Meu Paraíso
Nacín rodeada de viño e vivo namorada desta terra dende pequena.
Cando a herdei da miña nai, fun a muller máis feliz do mundo. Ela, como todas as mulleres da miña familia, é unha loitadora, unha visionaria, unha pioneira en converter a viña familiar con cepas de Albariño.
Eu seguín, e sigo, os seus pasos tendo como premisa o respecto absoluto polas vides e pola natureza.
Predestinado é un milagre, un soño feito realidade. Este era o momento e o lugar, era a miña historia, o meu destino... E agora, compártoo contigo... Espero que che guste e que o goces tanto coma min ó coidalo e velo nacer. Saúde!
A UVA
Para ter un bo viño hai que ter unha boa uva. Ten sentido!
É 13 de setembro e esta fin de semana vendimamos a colleita de 2021. Cando entro na viña invádeme un recendo a viño. É incrible... Apodérase de todo! Arranco suavemente unha uva da parte superior do acio. Ten unha pel doce, con corpo, saboréoa durante un bo anaco... Grazas. Teremos un bo viño.
O VIÑO
Os sabores están nos recordos que tes dende a infancia e a vida de cada un de nós... é única
Predestinado é un viño que gaña co tempo.
Nada máis abrir a botella e tomado a temperatura ambiente, notas o seu ácido; é vital, é divertido, chama a seguir bebendo... Pasa un tempo e respira... o ácido amolece, segue a ser xovial porque é un viño cheo de vida en cada grolo, natural, sen pretensións nin artificios... Delicioso! Así de simple. Un pouco de frío e as sensacións volven cambiar. Marabilloso!
Unha recomendación: non merques só unha botella; compra máis, xa que dentro dun ano... será un viño excepcional!